Os arquitectos ven risco de saturación no tráfico coa futura intermodal

Rubén Nóvoa Pérez
rubén nóvoa OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIDADE

MIGUEL VILLAR

Solicitan que o deseño previsto non se tramite e aspiran a unha solución global

28 jun 2017 . Actualizado ás 18:03 h.

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia mantén o seu posicionamento activo contrario ao proxecto da estación intermodal de Ourense que foi presentado recentemente polo Ministerio de Fomento, ADIF, Xunta de Galicia e Concello de Ourense. Ademais de presentar as alegacións correspondentes por vía oficial -o período de exposición pública culminouse con catro reparos entre os que se atopaban ademais do realizado polo COAG, os de Democracia Ourensá, PSOE e BNG- involucrouse nunha convocatoria cidadá prevista para o xoves na que se analizará de forma crítica o modelo de intermodal, no que participa o equipo do arquitecto británico Norman Foster.

O colectivo que representa aos arquitectos galegos, e que na cidade de Ourense está presidido por Alberto de Paula, solicita que non se continúe coa tramitación pola Lei Exprés da estación ao «non conseguir mobilidade sustentable nin mellora da permeabilidade entre barrios», que son dos de los objetivos que se persiguen en el convenio firmado a cuatro bandas entre las administraciones implicadas. En un comunicado de prensa, la entidad colegial asegura que aspira a una «proposta global, que non xurda da anexión de tres iniciativas diferentes».

Á hora de debullar os reparos do proxecto integrador que estivo a exposición pública, o COAG considera que non se cumpren os obxectivos marcados nese convenio do 22 de xuño do 2016. Apunta, especialmente, á localización elixida para a futura estación de autobuses, que se trasladará desde O Pino cara á Ponte, incrustándose nas inmediacións do centro de saúde da Ponte. «Este espazo sanitario queda como unha auténtica glorieta de tráfico. Todos os movementos dos autobuses e do resto de vehículos relacionados con esta denominada intermodalidade realízanse a través da xa saturada rúa Eulogio Gómez Franqueira, sen viais alternativos que canalicen ese substancial incremento de tránsito a maiores», asegura.

O volume de tráfico

De acordo coas previsións que se manexan no proxecto da intermodal haberá un movemento de 261 autobuses diarios, o que supón a entrada e saída dun vehículo cada 3,2 minutos de oito da mañá a dez da noite. O COAG advirte que a esa cifra hai que sumar todos os movementos dos autobuses urbanos. Destaca, ademais, que a propia análise de viabilidade encargado pola Consellería de Infraestruturas sinalaba que a existencia do ambulatorio condiciona «gravemente» o espazo dispoñible para a existencia de autobuses. O colexio profesional alerta que esta rúa tamén ten que facilitar a entrada e saída de vehículos do aparcadoiro subterráneo previsto para 250 coches, aos que se suman outros 50 destinados a alugueiro e outra zona para a parada de taxis. Todo este volume de tráfico, lamenta o colectivo, déixase en mans de cabezas semafóricas.

Sobre a mellora da permeabilidade entre os barrios da Ponte e O Vinteún, o COAG é contundente á hora de valorar a proposta lanzada polo equipo de Norman Foster: «Resulta evidente que con esta proposta non se consegue a conexión urbana entre os barrios de A Ponte e o Vinteún, os espazos urbnaos que a propia estrutura urbana fragmentou no seu día». Critican, ademais, os «muros verdes previstos na avenida de Marín.