Vinte meses de prisión para un edil dos Blancos por agredir ao seu pai durante unha discusión

La Voz OURENSE

OS BLANCOS

Agostiño Iglesias

Ao inculpado prohíbeselle achegarse a menos de douscentos metros do seu proxenitor

15 may 2023 . Actualizado ás 19:49 h.

José Manuel B. J., de 45 anos, e concelleiro do PP no concello dos Blancos, foi condenado por agredir ao seu pai durante unha discusión. A titular do Xulgado do Penal 1 da capital ourensá considera que o acusado é responsable dun delito de lesións polo que lle impón unha condena de vinte meses de prisión. Así mesmo, ordena que non poida achegarse a menos de douscentos metros da vítima e que lle indemnice con case dous miles euros, polas lesións que sufriu.

A sentenza dá por probado que o 8 de maio do 2018, cando pai e fillo atopábase na casa do maior, comezaron unha discusión durante a cal o acusado propinou unha puñada ao seu pai, quen caeu sobre o sofá. Posteriormente tirouno ao chan e golpeoulle a cabeza contra as baldosas en varias ocasións.

Como proba de cargo a maxistrada tivo en conta a declaración da vítima, que considera veraz, e tamén a da súa irmá, a quen chamou para pedir axuda, sen ter en conta os argumentos do acusado durante o xuízo. Asegurou entón que o seu pai se fixo as feridas ao caerse só.