A muller morta en accidente nos Blancos levaba 5 días substituíndo ao carteiro

La Voz OURENSE

OS BLANCOS

Lucía

No choque frontal resultou ferida de gravidade outra condutora

05 ago 2019 . Actualizado ás 17:13 h.

Unha persoa resultou falecida este mediodía nos Blancos. Dous coches que circulaban pola OU-1112 chocaron frontalmente por causas que se descoñecen resultando unha persoa falecida no lugar. Por causas que están a ser investigadas polo equipo de atestados do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, o turismo Opel Corsa 1.2 conducido por Manuela D.C., de 39 anos e veciña se San Cibrao das Viñas, que resultou falecida no acto, chocou frontalmente, á saída dunha curva seguida de cambio de rasante, contra o turismo Citroen C3 Blue HDI, conducido por María Tesesa V.C. de 55 anos e veciña de Taboadela, ferida grave, e evacuada ao CHUO en helicóptero. 

A falecida estaba realizando unha substitución por vacacións do carteiro de correos dos Blancos, levaba 5 días no servizo.

Lucía