Medio Rural destinará 620.000 euros a infraestruturas en 20 municipios

La Voz OURENSE / LA VOZ

OS BLANCOS

XUNTA DE GALICIA

A delegada visitou as obras realizados con cargo ao plan do ano pasado nos Blancos

06 oct 2018 . Actualizado ás 17:24 h.

A Consellería de Medio Rural destinará este ano preto de 620.000 euros para financiar as obras do plan de infraestruturas rurais (PIR) en vinte municipios da provincia.

A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz, desprazouse onte ata Os Blancos para coñecer as obras que levaron a cabo con cargo ao PIR do ano 2017. Nese municipio mellorouse o estado de seis camiños, o que percorre o núcleo de Pexeiros, o que une este pobo co Aguís, outra pista desde Pexeiros á capela de Guntín, e os camiños que enlazan a estrada OU-1112 co núcleo de Aguís e Fonte Arcada. Son obras que ascenden a sesenta mil euros. O ano pasado, con cargo ao PIR executáronse traballos en 24 concellos, que supuxeron un investimento de 1,1 millóns de euros, precisou Díaz.