Achan morto a un home que buscaban desde esta mañá en Oímbra

La Voz OURENSE

OÍMBRA

Íñigo Rolán

O corpo do falecido, natural de Portugal, foi achado ao lado do seu coche nunha pista

02 ene 2020 . Actualizado ás 17:48 h.

Desapareceu o día 31 de decembro e foi achado esta mesma tarde morto ao lado do seu coche nunha pista forestal de Oímbra. A familia do home, de nacionalidade portuguesa e de 62 anos, denunciou a súa desaparición esta mesma mañá no cuartel da Garda Civil de Verín e enseguida púxose en marcha un dispositivo de procura no que participaron membros de Protección Civil de Verín  e da Garda Civil, ademais de brigadas de Medio Rural do Distrito XIV. Polo momento, descoñécense as causas da súa morte. Ao parecer, o home xa residira con anterioridade en Oímba e regresara estes dias.