Piden á Xunta reactivar a parcelaria de San Cosme de Cusanca no Irixo

La Voz OURENSE

O Irixo

Los diputados del BNG Noa Presas y Xosé Luís Rivas estuvieron con los vecinos de San Cosme de Cusanca
Os deputados do BNG Noa Presas e Xosé Luís Rivas estiveron cos veciños de San Cosme de Cusanca CEDIDA

O BNG levará a solicitude veciñal ao Parlamento

10 abr 2021 . Actualizado ás 21:04 h.

Os veciños da parroquia de San Cosme de Cusanca, no Concello do Irixo, queren que a Xunta reactive a súa solicitude (datada xa do 2016) de facer unha concentración parcelaria. Os residentes destacan o amplo consenso que existe na zona, xa que a solicitude tiña a firma da maioría dos propietarios. O BNG hase feito eco das peticións dos veciños de Cusanca e levará o tema ao Parlamento.