O alevín Roi Freixedo, prata en cópaa Princesa

La Voz OURENSE / LA VOZ

O Irixo

cedida

O tirador do Irixo, de dez anos, destacou no torneo para novas promesas celebrado en Oviedo

07 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Roi Freixedo González, un tirador de dez anos do Irixo, logrou a pasada fin de semana en Oviedo a medalla de prata dentro do campionato Copa Princesa de Asturias de tiro olímpico para novas promesas. Roi Freixedo participou na proba de pistola de precisión e conseguiu o segundo posto dentro da categoría alevín masculina. Freixedo tivo que adaptarse ao novo regulamento para esta categoría que establece que se tire sen apoio -antes facíase a partir dos trece anos- e as competicións celébranse en dúas quendas de 25 tiros en corenta minutos, que se disputan en distintos días.

En Oviedo competiron tiradores de carabina e pistola de toda España. Esta copa princesa é un das tres de ámbito estatal que organiza a Real Federación Española de Tiro Olímpico.