O Concello do Irixo cambia as bases de selección de persoal por posible nulidade

La Voz OURENSE / LA VOZ

O Irixo

A oposición denunciou que as anteriores vulneraban o dereito á igualdade

30 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello do Irixo acaba de rectificar as bases da convocatoria para a selección de dous postos de persoal laboral fixo no Consistorio tras as solicitudes dos grupos da oposición que entendían que vulneraban o dereito á igualdade.

A discriminación radicaba, segundo o PSOE do Irixo, en que se ponderaba de diferente modo a experiencia laboral obtida no propio Concello da obtida noutras administracións públicas ou en empresas privadas.

Finalmente, a interventora do Consistorio concluíu que «tal distinción non será razoable nin proporcionada, e pode determinar a nulidade dos acordos».