As exposicións do auditorio Manuel María do Carballiño pódense visitar ata o domingo
24 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.Ata o domingo • Auditorio do Carballiño • A oitava edición do Arenteiro Fotográfico pecha as súas portas esa fin de semana. Organizado pola asociación Ou Potiños, o auditorio Manuel María acolle 17 exposicións colectivas e individuais. Como novidade, esta edición conta coa edición dun libro-guía da mostra e coa estrea da nova sede expositiva no auditorio. O festival busca consolidar ao Carballiño como un referente da fotografía en Galicia e ampliar o seu alcance a nivel nacional. Na cita participan destacados artistas como Aurora Soler, Xaime Cortizo, María Tudela, Alba R. Chan, J. Barros, Carlos Muíños, Cristina Abilleira, Ale Megale e Roberto Steinbrüggen. Ademais, preséntanse exposicións colectivas dos grupos Bazán, IES Chamoso Lamas, Vos Negativos, Fotosíntese, Marrocos Potiños e Ou Potiños.