O Museo do Pobo percorre a obra de Xesús Carballido

La Voz

O Carballiño

XOAN A. ADOITAR

Consta de máis dun cento de pezas, que poderán visitarse ata o 19 de decembro

17 sep 2021 . Actualizado ás 04:55 h.

A exposición «Seica», no Museo do Pobo Galego, ofrece un percorrido pola obra do artista Xesús Carballido (O Carballiño, 1954), permitindo descubrir a evolución do seu traballo e comprobar como foi evolucionando ao longo dos anos desde aquela primeira mostra individual do ano 1992 en Noia.

«Seica» está conformada por máis dun cento de pezas elaboradas con diferentes técnicas, incluíndo colaxes, ensamblaxes, caixas e debuxos. O artista emprega todo tipo de pequenos obxectos para crear as súas obras, desde tipos de imprenta ata cunchas mariñas, ferros forxados, restos de xoias e etiquetas de produtos comerciais. A mostra -que está patrocinada por O Dezaseis- poderá visitarse ata o 19 de decembro no primeiro andar do claustro.