O Carballiño lembra a obrigación de limpar as leiras

La Voz OURENSE

O Carballiño

O alcalde dita un bando para pedir aos veciños que rocen os seus terreos

18 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O alcalde do Carballiño, o socialista Francisco Fumega, publicou un bando para lembrar aos veciños a necesidade de manter limpas as súas leiras, para cumprir coa lei de prevención de incendios forestais. Pide aos veciños que rocen os terreos da súa propiedade e advirte que, en caso de producirse un incendio, os gastos de extinción poden repercutir nos donos das leiras. «Débese manter o terreo perfectamente limpo, libre de vexetación seca e coa masa árborea aclarada nunha franxa de 50 metros (para o caso de eucaliptos, piñeiros ou acacias, carqueixa, breixo, toxos, silvas, fentos, etcétera) e 15 metros (para especies frondosas caducifolias) dende chan urbano, núcleo rural e chan urbanizable; edificacións e vivendas illadas; urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalación industriais; e construcións illadas en chan rústico», lembran desde o Concello.