1996: Protestas polo peche dunha parte da clínica Alameda

La Voz OURENSE

O Carballiño

Moncho Fuentes

As traballadoras solicitan ao alcalde unha solución que evite o peche da segunda planta

17 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

«As traballadoras da clínica Alameda do Carballiño encerráronse onte no concello para protestar pola decisión municipal de pechar a segunda planta do centro sanitario. Representantes do persoal, tras asegurar que a medida as deixará sen traballo, entrevistáronse co alcalde, Pachi Vázquez, para pedirlle unha solución. Tras a reunión, as traballadoras manifestáronse polas rúas da capital comarcal e estacionáronse diante do concello. Pola tarde, decidiron iniciar o peche nas instalacións municipais para forzar no posible a decisión do rexedor do peche da clínica, ao considerar que está a ser excesivamente duro coa empresa na que traballan e está a permitir, en cambio, moitas outras irregularidades semellantes noutros establecementos carballiñeses», contaba La Voz nunha información de 1996. «Pachi Vázquez aseguroulles que non había un marco legal para cambiar as cousas da súa situación actual e afirmou que se atopaba ‘entre o eixo e a roda'», remataba.