Cita coa película «Bacurau» no Carballiño

La Voz OURENSE

O Carballiño

Cedida

A nova proxección do cineclub será este domingo no auditorio ás 19.00 horas

27 feb 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Mañá • Ás 19.00 horas • O Carballiño • Toca unha nova fin de semana de cine no Carballiño da man do cineclub do municipio. A primeira cita coa sétima arte foi este venres e repetirase este domingo. Nesta ocasión tócalle a quenda á película brasileira «Bacurau», premio do xurado do Festival de Cannes. O filme está dirixido por Kleber Mendoça e Juliano Dornelles, e protagonizado por Sonia Braga e Udo Kier. En «Bacurau» mestúrase o cine de acción, de aventuras e o xénero thriller. O pase será en versión orixinal con subtítulos en castelán. A proxección comezará ás 19.00 horas no auditorio do Carballiño. Contará con capacidade limitada e todos os asistentes deberán permanecer con máscara ao longo de toda a película.