Volve o cine ao Carballiño con «Corpus Christi»

La Voz OURENSE

O Carballiño

Cedida

A película proxectarase ás 19.00 horas no Manuel María

23 ene 2021 . Actualizado ás 12:51 h.

Este domingo • Ás 19.00 horas • O Carballiño • Gratuíto • Despois do parón do Nadal, a programación do cineclub do Carballiño arrinca de novo esta fin de semana. Faino cunha película que xa cultivou gran éxito na provincia, pois se trata dunha das premiadas na última edición do Festival de Cine de Ourense, a número vinte e cinco. Concretamente o seu director, Jan Komasa, recibiu o premio Carlos Velo . Trátase da película polaca «Corpus Christi», protagonizada por Bartosz Bielenia. Haberá dous pases. A primeira proxección foi o venres, en versión dobrada ao castelán, e a segunda será este domingo. Ambas as ás 19.00 horas, no auditorio carballiñés Manuel María.