Recollida de xoguetes formativos para entregar a Cruz Vermella no Carballiño

La Voz

O Carballiño

cedida

O Centro Comercial Aberto apoia a iniciativa

28 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Centro Comercial Aberto do Carballiño e Cruz Vermella asinaron un convenio de colaboración para recoller xoguetes formativos para nenos de familias en situación de dificultade social. O obxectivo da campaña é promover o uso de xoguetes como ferramenta educativa e de formación de valores. Na firma do convenio participaron o presidente do CCA O Carballiño, Julián Garriga, e a coordinadora de Cruz Vermella no Carballiño, Xamaica Beneitez Varela.

Julián Garriga incidiu en que se trata «dun acordo de colaboración moi especial, no que participan 22 establecementos comerciais do Carballiño» e dixo que agardaba que a campaña fose un gran éxito. Pola súa banda Xamaica Beneitez agradeceu a colaboración do CCA O Carballiño e os establecemientos que participan na campaña. O pasado ano recolléronse 40 xoguetes na comarca e 500 na provincia e sinalou que «para este ano, debido á pandemia, hai máis familias necesitadas, polo que se pide a xenerosidade da veciñanza do Carballiño e da comarca». Os xoguetes deben ser novos, formativos, non sexistas nin bélicos.