O taller de traballo sobre turismo de saúde acaba con 800 citas de negocio

La Voz OURENSE / LA VOZ

O Carballiño

CEDIDA

Participaron empresas de Galicia, Murcia, Estremadura, Portugal e Arxentina

26 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O taller de traballo especializado en turismo de saúde e benestar, organizado por Termatalia e que congregou a trinta operadores de turismo internacionais de seis países, concluíu con 800 citas de negocio. Os encontros tiveron lugar con empresas do sector de Galicia, Murcia, Estremadura, Portugal e Arxentina co fin de crear a oferta en turismo de saúde que se comercializará no ano 2021. A actividade continúa hoxe cunha visita ao geodestino Ribeiro e O Carballiño. Os profesionais ven no turismo de saúde moitas posibilidades no contexto actual.