O Carballiño aprobará a suspensión da taxa por ocupación da vía pública

La Voz OURENSE / LA VOZ

O Carballiño

xmr

O pleno celebrarase o xoves ás 9.00 horas

24 novs 2020 . Actualizado ás 22:48 h.

A corporación municipal do Carballiño celebrará este xoves sesión plenaria ordinaria, ás 9.00 horas, que se desenvolverá de forma presencial. Entre os temas que figuran na orde do día está a suspensión para o 2021 da ordenanza que regular dá taxa por ocupación da vía pública con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo situados en terreos de uso público local, así como industrias de rúa e ambulantes ou rodaxes cinematográficas. Deste xeito dáse un respiro a aqueles profesionais de diferentes sectores que durante os meses confinamento pola pandemia do covid-19 tiveron que parar a súa actividade.

Entre as mocións que se debaterán están dúas de Espazo Común. Pedirán ao Concello que inste ao Sergas a repor o servizo COF (Centro de Orientación Familiar). «Hai máis de unha década que o COF do Carballiño comezou o seu declive ó xubilarse o xinecólogo adscrito a el. A partires de ese momento comezaron a ronda de xinecólogos que pasaban polo Centro de Saúde, cada día un, sen ter a ningún adscrito. Posteriormente, hai arredor de dous anos, reduciron a atención ós veciños a unha sola vez á semana e neste último ano veu a sufrir o desmantelamento case total eliminándoo no mes de marzo», explican Tamén piden que o Concello contrate no Carballiño. O BNG, pola súa banda, presenta unha moción sobre o 25N, Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres.