O ciclo «Cine na Rúa» segue coa película Os Miserables

LA VOZ OURENSE

O Carballiño

Santi M. Amil

A proxección coincide coas Xornadas Gastronómicas do Polbo

05 ago 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A programación de «Cine na Rúa» renovarase mañá no Carballiño, coa proxección nocturna (22,30 horas) dos Miserables, na praza Maior, con entrada libre e capacidade limitada, sendo obrigatorio o uso de máscara e o lavado de mans con xel hidroalcohólico. Poderase acceder ao recinto acoutado, desde as 22.15 horas, para gozar dunha longametraxe oscarizado e premiado en Cannes.

A proxección coincide coas Xornadas Gastronómicas do Polbo e con outras actividades axustadas aos protocolos contra o covid-19.