O Carballiño celebra Xornadas Gastronómicas do Polbo

La Voz OURENSE / LA VOZ

O Carballiño

cedida

Do 3 ao 9 de agosto poderase degustar o polbo nos locais de hostalería da vila

30 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Un total de 39 locais de hostalería participarán este ano nas Xornadas Gastronómicas do Polbo, que se celebrarán do 3 ao 9 de agosto e que substituirán á Festa do Polbo -ao non poder celebrarse unha cita multitudinaria-. O cartel, de Ari Quintas, e o programa de actividades foi presentado polos concelleiros de Cultura e Turismo, Diego Fernández e Manuel Dacal. Durante a semana serán 24 os locais onde poderá degustarse o polbo e o sábado e domingo sumaranse 15 máis.

Manuel Dacal incidiu no feito de que este novo modelo ten como «obxectivo ofrecer a posibilidade de degustar o plato máis característico da gastronomía carballiñesa, como é o pulpo á feira,dun xeito totalmente seguro tanto para os visitantes como para os veciños, e por eso non vai haber ningún tipo de acto oficial nin concentracións de xente, senón que se trata de dinamizar o comercio e a hostalería local con todas as garantías de cumprimento da normativa polo covid-19». Durante toda a semana se desenvolverá un amplo programa de actividades culturais e lúdicas, desde o cine para nenos aos concertos e as sesións de maxia.