Os nenos e os seus heroes anti covid-19

LA VOZ OURENSE

O Carballiño

O Campamento de Idiomas Os Pitufiños homenaxeou aos traballadores que permaneceron en acción durante o confinamento

28 jul 2020 . Actualizado ás 08:39 h.

Os nenos do Campamento de Idiomas Os Pitufiños, no Carballiño, celebraron onte unha xornada moi especial ao render homenaxe aos heroes da loita contra o covid-19, que coidaron da poboación durante o pasado confinamento. No acto contaron con representantes do sector sanitario como o técnico de Urxencias Manuel López, o pediatra Martín Nogueira, as enfermeiras Erika Paz e María Dolores González; da garda civil, Lito Domínguez ou os policías locais, Jose Manuel e Jose Antonio, así como unha representante dun supermercado, Vanessa González.

Todos eles compartiron as súas experiencias cos pequenos e sometéronse ás súas curiosas preguntas, véndose sorprendidos pola concienciación e o coñecemento dos protocolos de seguridade que hai que seguir para previr o coronavirus. A directora do campamento, María Jesús Martínez Domínguez, mostrou o seu agradecemento aos heroes do covid-19, por dedicar parte do seu tempo a acougar a curiosidade e preocupación dos Pitufiños, que ademais recibiron o agasallo de máscaras por parte do doutor Nogueira e de coñecer por dentro os pormenores dun vehículo da policía local.