O Pórtico do Paraíso inclúe concertos no Carballiño, Saviñao, Ourense e Monforte

La Voz OURENSE / LA VOZ

O Carballiño

El prestigioso arpista británico Andrew Lawrence-King ofrecerá un concierto en la iglesia románica de Santo Estevo de Ribas de Miño
O prestixioso arpista británico Andrew Lawrence-King ofrecerá un concerto na igrexa románica de Santo Estevo de Ribas de Miño Santi M. Amil

O certame internacional de música clausurarase o 15 de marzo no Liceo de Ourense

09 ene 2020 . Actualizado ás 18:58 h.

Sabíase que xa había datas para a celebración do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso e que se ía celebrar en marzo deste ano. Pero estaba por coñecer onde se ía celebrar o certame, tras romper as relacións co Concello de Ourense e renunciar os promotores do festival a seguir contando coa colaboración da administración local da cidade.

O Pórtico do Paraíso distribuirá os seus concertos entre as provincias de Ourense e Lugo e incluirá actuacións no Carballiño -a Escolanía de Segovia actuará alí o 6 de marzo-, O Saviñao -o 7 actuará alí o arpista Andrew Lawrence-King-, Ourense -o violinista José Manuel Álvarez estará o 8 de marzo no Santo Anxo da cidade- e Monforte -onde actuará o grupo Kosmos Ensemble o día 13-. O festival clausurarase o 15 de marzo no Liceo de Ourense, espazo onde ofrecerá un concerto Víctor Villadangos.