Reclaman que se manteñan as axudas aos emprendedores no Carballiño

La Voz OURENSE / LA VOZ

O Carballiño

cedida

Espazo Común rexeita que se deixe sen fondos esta iniciativa para destinalos a dietas

07 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O equipo de goberno do Concello do Carballiño promoveu unha modificación de crédito para traspasar 21.000 euros a partidas destinadas «a festexos e salarios de concelleiros liberados». Desde Espazo Común considérase «impresentable» que se supriman as axudas aos emprendedores, de onde se traspasaron os fondos, e que se manteña o plan de subvencións creado hai dous anos.