O PP denuncia un «pelotazo» urbanístico no Carballiño

La Voz OURENSE

O Carballiño

MIGUEL VILLAR

Os populares poñen en dúbida a legalidade da oferta de emprego público publicada polo Concello

02 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O grupo popular do Concello do Carballiño asegura que desde principios do ano 2018 no Concello estase planificando un pelotazo urbanístico. Refírense á modificación do PXOM na zona das naves de Emben, que están sen uso desde fai uns dez anos. No último pleno, segundo explica o PP, este punto foi retirado da orde do día «debido a presión dá oposición política e social». Os populares reclaman que este expediente «se meta nun caixón e non volva saír».

Por outra banda, o PP do Carballiño puxo en dúbida este sábado a legalidade da oferta pública de emprego parcial que publicou o Concello. Fálase de dúas prazas de Policía Local pero non será posible, din. Ademais aseguran que se contabilizou como praza a cubrir dunha traballadora que está en excedencia.