O Carballiño promove cursos de prevención para persoal de hostalería e do sector forestal

La Voz O Carballiño / LA VOZ

O Carballiño

cedida

A Unión de Consumidores de Galicia celebrará un sobre banca e comercio electrónico

09 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello carballiñés está promovendo a celebración de cursos de formación centrados na prevención de riscos laborais en sectores como o dos traballadores forestais, hostalería e comercio. En total son quince as persoas que asisten esta semana a un curso de «prevención de riscos laborais non sector forestal», iniciativa que está promovida polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia -da Consellería de Economía, Emprego e Industria- en colaboración coa administración local carballiñesa. do concello do Carballiño. Trátase dun curso de manexo seguro da motosierra, de 20 horas de duración. Ademais, proseguen as xornadas de prevención de riscos laborais na hostalería, pequeno comercio e construción, que organiza Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia.

Comercio e banca electrónica

Nos próximos días -será as xornadas do 18, 21, 25 e 28 deste mes- celebrarase un curso sobre comercio e banca electrónica organizado pola Unión de Consumidores de Galicia.