Tere Fernández gaña o maratón fotográfico organizado polo Potiños no Carballiño

La Voz OURENSE

O Carballiño

jose luís diz

A serie «Xanelas e natureza» foi a elixida polo xurado

22 may 2019 . Actualizado ás 13:58 h.

A serie «Xanelas e natureza», de Tere Fernández, alzouse co primeiro premio do maratón fotográfico organizado polo colectivo O Potiños, do Carballiño, en colaboración co Concello e o Centro Comercial Aberto. O xurado outorgou o segundo premio a María Luz Nocelo Vilamarín pola súa serie «Xentes do Carballiño» e o terceiro galardón recaeu no proxecto «Outros puntos de vista», de David González. Entregaranse o día 25.