A Mancomunidade do Carballiño recibe un tractor rozadora para labores ambientais

La Voz OURENSE

O Carballiño

CEDIDA

A Xunta sufragou o gasto do vehículo con máis de 55.000 euros

25 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A Mancomunidade do Carballiño conta cun novo tractor con rozadora, que estará destinado a labores ambientais nos concellos que forman parte do ente supramunicipal. A nova adquisición foi posible tras unha axuda da Xunta de 55.000 euros. Ata O Carballiño desprazáronse a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e a delegada territorial dá Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, para facer entrega do tractor nun acto ao que acudiron os alcaldes do Irixo e Piñor, e a tenente de alcalde de Boborás.