A Real Banda de Gaitas estreará en Arxentina a «Alborada en Buenos Aires», composta por Foxo

A estrea terá lugar no Teatro Avenida o próximo martes

A Real bandas de Gaitas dá Deputación ensaia para a súa viaxe á Arxentina

ourense / a voz

A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense estreará en Arxentina a composición Alborada en Buenos Aires, un tema composto polo director desta formación musical, Xosé Lois Foxo, en homenaxe aos emigrantes galegos en Bos Aires.

Estrearase no concerto que a Real Banda dará no Teatro Avenida da capital bonaerense o próximo martes, 13 de novembro, dentro do repertorio de composicións galegas e música arxentina que ofrecerá ao público neste emblemático teatro. Para Foxo é «unha homenaxe aos galegos que conforman a quinta provincia».

Dáse a circunstancia de que hai xusto vinte anos que a Real Banda actuou nese mesmo teatro, coincidindo cunha visita institucional organizada ao cumprirse os oitenta anos do Centro do Partido do Carballiño. Nela participara o entón presidente da Deputación, José Luis Baltar, e tamén algúns alcaldes, como Pachi Vázquez.

Precisamente agora a viaxe da Real Banda de Gaitas a Arxentina enmárcase nas actividades con motivo da entrega do premio Ourensanía ao Centro do Partido do Carballiño en Bos Aires e ao Centro Ourensano de Montevideo, que terá lugar o domingo, un galardón que recoñece o labor destas dúas institucións na promoción da ourensanía na colectividade galega de ámbolos dous países. Ademais, a Real Banda de Gaitas ofrecerá concertos no Centro Galicia de Bos Aires e no Centro Ourensán de Montevideo.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
1 voto
Comentarios

A Real Banda de Gaitas estreará en Arxentina a «Alborada en Buenos Aires», composta por Foxo