Basteiro domina na media maratón do Carballiño

O Carballiño

Sonia Teijeiro impúxose con claridade na categoría feminina

05 mares 2018 . Actualizado ás 19:15 h.

A media maratón do Carballiño, que acadaba a súa sexta edición, cumpriu as expectativas nunha xornada que destacou no aspecto atlético e na que tamén acompañou a climatoloxía. Noventa participantes completaron o percorrido de 21 quilómetros, nun circuíto deseñado polo Club Atletismo Carballiño que esixe continuos cambios de ritmo polo seu trazado de subidas e baixadas. Manuel José Basteiro, cun tempo de 1.15.19, proclamouse vencedor da proba masculina. Destacouse desde o principio xunto con Luis Miguel Antelo -ao final, segundo- e con Daniel Gómez, terceiro, a un minuto do vencedor. Na categoría feminina, gañou con claridade Sonia Teijeiro (1.29.58).

Ademais da media maratón, tamén se organizou unha proba curta, de sete quilómetros.

O club prepara para o vindeiro sábado a carreira de 102 quilómetros O Carballiño-Santiago en 24 horas, que conta cunha inscrición de 97 corredores chegados de toda España.