Os socialistas do Bolo denuncian que o alcalde atende intereses particulares

La Voz

O Bolo

MIGUEL VILLAR

O PSOE censura a súa xestión do aforro no consumo enerxético

12 mares 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Os socialistas do Bolo denuncian unha nova tentativa do alcalde por aproveitar a necesidade de racionalizar o consumo enerxético para atender os seus intereses particulares. O alcalde do PP leva o martes a pleno urxente, segundo censura o PSOE, a ratificación do acordo de aforro enerxético para recibir a axuda da Xunta despois de anos de «desleixo» e cambios de bombillos de «300 euros cada un». O PSOE, asegura nun comunicado, leva anos demandando que se faga unha auditoría enerxética, coa que explican que se aforrarían 30.000 euros anuais. Ademais, fan referencia a unha información publicada en La Voz na que se destacaba que O Bolo era un dos municipios da provincia no que había máis luces públicas que veciños.