Carballeda de Valdeorras mantén o nivel máximo de restricións

La Voz

O Barco de Valdeorras

Foto de archivo del cribado en O Irixo
Foto de arquivo do cribado no Irixo Santi M. Amil

No chanzo alto están Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco e Rubiá; nestes dous últimos concellos haberá un cribado este sábado

14 abr 2021 . Actualizado ás 00:14 h.

O comité clínico acordou ese martes manter o nivel máximo de restricións en Carballeda de Valdeorras ante a evolución dos contagios. No chanzo alto pola incidencia do covid-19 segue Monterrei, pero súmanse CortegadaPadrenda, que se atopaban a nivel medio, e O Barco de Valdeorras e Rubiá, encadrados ata agora en nivel medio-baixo. A partir do venres 16 de abril nestas localidades limítase a permanencia de grupos de persoas a un máximo de catro en espazos pechados e seis en abertos, non estará permitido o consumo no interior dos establecementos de hostalería e só se poderá usar o 50 % das terrazas, entre outras medidas. Quedará no nivel medio de restricións O Irixo e descende ao baixo O Carballiño.

Cribado voluntario

Por outra banda, a Xunta previu un cribado masivo para este sábado no polideportivo de Calabagueiros no Barco, Citarase a 3.000 persoas desta municipio e de Rubiá de entre 18 e 64 anos Por vez primeira nun cribado masivo permitirase a inscrición voluntaria, a través da páxina web de información sobre a pandemia, coronavirus.gal. Permite elixir o horario e estará operativa ata as 15.00 horas deste venres.