Pasacalles, maxia e música nas rúas do Barco

La Voz

O Barco de Valdeorras

Dani García actúa hoy en O Barco
Dani García actúa hoxe no Barco Ana Garcia

O programa cultural do Cristo inclúe varias propostas de lecer

12 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • Desde as 12.00 horas • O Barco de Valdeorras • O programa cultural do Cristo no Barco de Valdeorras inclúe varias propostas para goce de toda a familia. A partir das doce, polas rúas do centro urbano poderase escoitar A Organeta, un instrumento construído nos anos 20 en Inglaterra e restaurado nos 80 que ofrece música mecánica en movemento, le libros de música dándolle a unha manivela; que move Pulpiño Viascón, acompañado dun adorable paxaro monicreque.

Ás sete a cita será coa maxia a cargo de Dani García, que presentará o seu espectáculo «Don Gelatti» na praia fluvial. Para pechar o sábado festivo, ás 20.30 horas na praza do Príncipe terá lugar o concerto de Tor & Anxo Ruíz banjo.