«Fillos do océano» chegará en febreiro ao Barco

La Voz O Barco

O Barco de Valdeorras

La firma del convenio tuvo lugar en O Barco
A firma do convenio tivo lugar no Barco LOLITA VAZQUEZ

A exposición de Javier Tenente poderá verse na sala de Abanca

23 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Do 7 de febreiro ao 7 de marzo • Salga Abanca do Barco • Abanca, Afundación e o Concello do Barco asinaron un convenio a tres bandas que fará posible que na capital valdeorresa poida verse a exposición «Fillos do océano», do fotógrafo Javier Tenente. Estará aberta na sala de exposicións Abanca (na praza do Príncipe) de 17.00 a 20.30 horas (de luns a venres); e de 10.30 a 13.30 horas (os sábados). As comunidades de pescadores artesanais de todo o mundo, así como as mulleres e homes que viven por e para o mar, son as protagonistas deste proxecto que reúne imaxes únicas de lugares como Galicia, Senegal, Andalucía, Nicaragua, India, Sri Lanka ou Brasil.

O convenio recolle tamén unha sesión de teatro en inglés para escolares.