Evacúan un menor no Barco ao producirse un incendio nunhas toallas

La Voz OURENSE

O Barco de Valdeorras

LOLITA VÁZQUEZ

Estaba só no domicilio cando se declarou o lume e foi atendido por precaución

20 ene 2020 . Actualizado ás 22:05 h.

Un menor de idade tivo que ser trasladado no Barco ao producirse un incendio no cuarto de baño da súa casa, situada na rúa Eloy Rodríguez Barros. Segundo informou o 112 Galicia, o lume declarouse sobre as 15.30 horas deste luns nunhas toallas que estaban gardadas nese cuarto. Nun primeiro momento foron os veciños os que trataron de sufocar o lume, cun extintor. Segundo esta fonte, o menor atopábase só no domicilio cando se produciu o lume e un particular chamou ao 112 para pedir medios. Púxose a situación en coñecemento dos bombeiros, do GES e deww a Garda Civil. Un equipo sanitario atendeu ao menor, por precaución, e foi evacuado en ambulancia para unha revisión máis a fondo no hospital.