A pasarela será na praza do Concello mañá venres ás 21.00 horas
19 sep 2019 . Actualizado ás 16:24 h.O deseñador vianés Jorge Álvarez porá o broche de ouro á Pasarela O Barco de Moda, que terá lugar o venres 20 ás 21.00 horas na praza do Concello. Álvarez será o encargado de vestir á coordinadora da pasarela, e o seu deseño será o último en desfilar.
Será o final a un evento no que participarán ao redor de noventa manequíns non profesionais, a maioría veciños da comarca de Valdeorras, que foron elixidos nun cásting.
Álvarez atesoura na súa carreira premios como o de mellor novo deseñador da Mostra do Encaixe de Camariñas e o premio Balneario de Mondariz o deseño novel.