Yamin Díaz, Laura Rodríguez e Lucía Cabo, campioas de España

Luis Conde MONFORTE / LA VOZ

O Barco de Valdeorras

CEDIDA

As novas promesas do club Quixós o bordaron no torneo nacional que se disputa no Barco

25 may 2019 . Actualizado ás 19:25 h.

O piragüismo continúa dando triunfos ao deporte monfortino. Os deportistas locais do club Quixós e do Fluvial do Barco brillaron en Valdeorras na copa de España e no campionato nacional de patrullas.

Precisamente, nesta modalidade saltou a gran sorpresa, e as piragüistas do club Quixós, Yasmin Díaz, Laura Rodríguez e Lucía Cabo, proclamáronse campioas de España, despois de certificar unha proba de ilusión. As novas promesas monfortinas encararon a xornada con moita concentración, circunstancia que lles permitiu levar con solvencia a medalla de ouro.

O director deportivo do Quixós, Santi Díaz, mostrouse exultante co triunfo dos seus deportistas. «Non contabamos que levasen o título, a pesar de que estaban ilusionadas e con ganas. Fixeron unha proba espectacular, demostrando o talento que atesouran. A pesar de que non puntúan para o club, desde o Quixós apostamos claramente por de o deporte feminino. As tres teñen un gran futuro», sinala.

Pola súa banda, Gabriel Rodríguez alzouse coa terceira praza na copa de España e foi subcampión galego cadete. Santi Díaz finalizou na terceira praza no autonómico. Pola súa banda, Claudio Fernández logrou a quinta praza na modalidade k-1 cadete. Na expedición do Quixós móstranse satisfeitos pola imaxe que ofreceron os seus piragüistas esta xornada.

Freire e González brillaron

Por outra banda, Manuel Freire alzouse coa primeira praza na copa de España en C-1, mentres que Marcos González foi quinto en k-1. Este último conquistou o campionato de España de patrulla, formando equipo con Sergio Ruiz e con Jesús Rodríguez.

Manuel Freire conquistou o subcampeonato formando equipo con Fernando García e con Roberto Núñez. Tantos Marcos como Manuel estiveron a un nivel óptimo, demostrando a súa categoría.