Medio centenar de nenos participan no campamento ambiental da Xunta en Muíños

La Voz OURENSE / LA VOZ

MUÍÑOS

cedida

Este ano inclúense probas de antígenos gratuítas para todos os participantes e monitores antes do inicio

04 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, visitou xunto ao alcalde de Muíños , Plácido Álvarez, o campamento «Ven explorar con nós» no complexo O Corgo. Participan 50 nenos de 9 a 12 anos que durante unha semana desenvolven actividades de auga, vea, supervivencia, educación ambiental, dinámicas de expresión teatral e xogos, entre outras. A programación, deseñada pola Xunta, ofrece ata setembro esta oferta de lecer seguro. Este ano inclúense probas de antígenos gratuítas para todos os participantes e monitores antes do inicio de cada campamento. Neste aspecto, Gabriel Alén recodó que o ano pasado Galicia foi das poucas comunidades nas que os campamentos infantís se desenvolveron sen incidencias por covid-19.