Patrocinado por Patrocinadopor

A Xunta lidera un plan de 140.000 euros para potenciar a área suroriental da provincia

La Voz OURENSE / LA VOZ

SUSTENTABILIDADE

Cedida

O conselleiro do Medio Rural, José González, presentou o proxecto no Castelo de Monterrei

10 novs 2021 . Actualizado ás 12:11 h.

O conselleiro do Medio Rural, José González, presentou no Castelo de Monterrei un plan integral de recuperación, dinamización e posta en valor da área suroriental de Ourense. Elaborarase a través dun convenio de 140.000 entre varios departamentos da Xunta, a Deputación e os concellos de Cualedro , Monterrei, Oímbra, Verín, Laza, Castrelo do Val, Vilardevós, Riós, A Gudiña e A Mezquita. Sinalou que existen máis de 70.000 hectáreas de montes en man común, das que 58.000 son xestionadas pola administración pública, nas que se porá en valor a plantación de castiñeiros.

No tocante á parte agraria, o titular de Medio Rural indicou que nestes dez municipios hai preto de 3.000 hectáreas de concentración parcelaria en estado de abandono, que se poderían recuperar para a posta en marcha de polígonos agrarios centrados en viñedos da Denominación de Orixe Monterrei ou na produción de pemento de Oímbra , entre outros cultivos. A Fundación Juana de Vega elaborará unha folla de ruta estratéxica orientada ao desenvolvemento sostible deste territorio. José González explicou que se prevé actuar nunha zona afectada polos incendios forestais, polo que é preciso establecer unha planificación orientada á prevención.