A denominación Monterrei promocionou os seus viños en Santiago

La Voz OURENSE / LA VOZ

MONTERREI

cedida

Congregou a máis de sesenta asistentes do sector da distribución e da restauración

01 ago 2021 . Actualizado ás 17:14 h.

A última actividade promocional da Denominación de Orixe Monterrei, celebrada en Santiago de Compostela, congregou a máis de sesenta asistentes do sector da distribución e da restauración. Cumprindo todas as medidas hixiénico-sanitarias esixidas, para evitar aglomeracións no lugar de celebración, o Túnel do Viño contou coa participación de representantes do sector da distribución, como Dysbodesa ou Moure, e da hostalería, da man de catadoras e responsables de establecementos da cidade. Esta iniciativa enmárcase no ciclo de accións promocionais realizadas pola denominación para este ano.