A Mancomunidade de Monterrei aproba hoxe os seus orzamentos

La Voz LA VOZ / OURENSE

MONTERREI

Santi M. Amil

As contas deste ano ascenden a 2,3 millóns de euros

09 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A Mancomunidade de Monterrei celebra hoxe sesión plenaria na que se debaterá o orzamento de algo máis de 2,3 millóns de euros que estará destinado na súa maioría á prestación de servizos nos sete concellos que a conforman. Por outra banda, celebrouse pleno en Monterrei, no que, entre outros asuntos, aprobouse unha modificación de crédito que permitirá un aumento dun 0,9 % no soldo dos traballadores municipais.