A D.Ou. Monterrei abre o seu era post-covid 19

LA VOZ OURENSE

MONTERREI

CEDIDA

O consello regulador presentou os seus produtos na Coruña

09 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Máis dun centenar de profesionais do norte de Galicia acudiron á última actividade da D.Ou. Monterrei na Coruña, na cal durante dúas quendas, e baixo o lema «A máis atlántica das continentais e a máis continental das atlánticas», hostaleiros, catadores, distribuidores, profesores de hostalería das IES da Coruña, Santiago e Pondedeume, descubriron as peculiaridades desta denominación vitivinícola.

Puideron degustar tintos e brancos das adegas Ladairo, Pazos do Rey , Gargalo, José Antonio Dá Silva Pereira (Viños Lara), Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Xusto, Tabú, Franco Basalo, Alba Ao-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Pazo de Valdeconde, Castro de Lobarzán, Manuel Vázquez Losada, Terrae Monterrei (Adegas Terrae) e Triay Adegas de Oímbra.

Se implementaron as pautas preventivas para eventos, congresos e feiras do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, garantindo medidas hixiénico-sanitarias, reducindo capacidade e horarios, incrementado a distancia entre as mesas ou facilitando xel hidroalcohólico en todas as mesas e máscaras a disposición do público.