Nove adegas de Monterrei, premiadas por unha revista especializada

La Voz OURENSE

MONTERREI

CEDIDA

O evento desenvolveuse no Mercedario de Verín

11 ene 2020 . Actualizado ás 16:13 h.

Nove adegas e viños da Denominación de Orixe Monterrei acaban de recibir as medallas individualizadas e diplomas que as acreditan como triunfadoras das catas HGg&T durante o ano 2018. O acto, que se celebrou este venres no salón de actos do CPR Mercedario de Verín, estivo presidido pola presidenta do consello, Lara Dá Silva; o fundador de revístaa Hostalería Galega e Turismo, Guillermo Campos; os representantes da Asociación Galega de Catadoras (AGASU) e Asociación Galega de Enólogos, Aarón Álvarez e Rosa Domínguez, respectivamente.

As adegas e viños premiados nesta edición foron: Gargalo, Vega de Lucía , Vía Arxéntea, Ladairo, Tapias Mariñán, Viños Lara, Abeledos, Crego e Monaguillo e Fragas do Lecer. Esta iniciativa constitúe a segunda parte da Gala de Turismo e Gastronomía de Galicia, celebrada en Santiago de Compostela o pasado mes de setembro. Nesa ocasión, entregóuselles aos consellos reguladores as certificacións acreditativas dos podios conseguidos polos seus representados. Este acto en Monterrei forma parte dun completo calendario no que se entregaron as distincións a todos os consellos reguladores vitivinícolas, e que seguirá este ano para produtos como conservas, entre outros.