Aberto o concurso para o cartel da Feira do Viño de Monterrei

La Voz OURENSE

MONTERREI

IÑIGO ROLÁN

O certame está premiado con 600 euros para a obra que sexa elixida

12 jun 2019 . Actualizado ás 20:44 h.

O Consello Regulador da D.Ou. Monterrei convoca o concurso para elixir o cartel anunciador da próxima edición, a catorce, da Feira do Viño de Monterrei, que terá lugar os días 9,10 e 11 de agosto. É o cuarto ano que se celebra este concurso, que está aberto a deseñadores, pintores e artistas, que poden presentar, como máximo, dúas obras inéditas. O formato, vertical, é de 43x63 cm. e admítese calquera técnica pictórica, fotográfica ou informática. O premio para o gañador é de 600 euros.