Monterrei pide á Xunta un punto limpo móbil

La Voz VERÍN / LA VOZ

MONTERREI

CEDIDA

A Consellería de Medio Ambiente estudará posibles vías de colaboración co Concello

17 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A posibilidade de instalar unha zona de depósito de residuos inertes ou punto limpo móbil en Monterrei foi analizada polo alcalde, José Luis Suárez Martínez, e a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez. A consellería anunciará en breve unha nova orde de axudas que convocará a Xunta para financiar este tipo de instalacións durante o próximo ano, segundo trasladoulle Vázquez ao rexedor, invitándolle a presentarse.

O alcalde tamén lle trasladou á conselleira a intención do grupo municipal de goberno de acometer a posta en valor da contorna do castelo de Monterrei. Vázquez comprometeuse ante o rexedor a estudar posibles vías de colaboración co concello para levar adiante este proxecto urbanístico a medio prazo.