O delegado da Xunta escoita as reivindicacións do alcalde de Montederramo

La Voz OURENSE

MONTEDERRAMO

Antonio Rodríguez, alcalde de Montederramo, con el delegado de la Xunta, Gabriel Alén
Antonio Rodríguez, alcalde de Montederramo, co delegado da Xunta, Gabriel Alén CEDIDA

Gabriel Alén reuniuse con Antonio Rodríguez no marco da súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión do cargo

24 dic 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, está mantendo unha rolda de contactos con representante institucionais tras tomar posesión do seu cargo como máximo representante do goberno autonómico na provincia. No marco desa planificación, reuniuse este mércores co alcalde de Montederramo, Antonio Rodríguez, «co que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica». Abordaron demandas en materia ambiental e patrimonio cultural, entre outros. «Durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia», explica o goberno galego nun comunicado.