O alcalde de Melón revoga parte do pleno no que lle retiraron o salario

La Voz OURENSE / LA VOZ

MELÓN

Santi M. Amil

O socialista Emilio Díaz Vidal interpuxo un recurso de reposición contra tres dos acordos aprobados

20 abr 2021 . Actualizado ás 15:23 h.

O alcalde de Melón , o socialista Emilio Díaz Vidal, interpuxo un recurso de reposición contra tres dos acordos aprobados no pleno extraordinario do pasado 12 de marzo. Refírese ao que acordou a eliminación da súa dedicación parcial e a súa retribución económica e aos que impuxeron a creación da xunta de goberno local e a súa convocatoria. As tres foron presentadas polos catro concelleiros socialistas que lle acompañan na lista e cos que mantén importantes controversias sobre o desempeño da súa función como alcalde.

Emilio Díaz argumenta, en relación á eliminación do seu salario, que o acordo adoptado naquel pleno adoece de validez por incorrer en desviación de poder. Sinala que non se exerceu a potestade do pleno de decidir a retribución de cargos «senón que se censurou o labor do alcalde mediante a retirada do soldo a el persoalmente e non ao cago que ocupa».