Premian ao colexio de Maside tras reconverter un patio en xardín oriental

La Voz OURENSE

MASIDE

Santi M. Amil

A profesora Rosa Rodríguez é a autora do deseño, cuxa ambientación nas paredes acada o segundo piso

26 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A segunda edición dos premios Xardín Galego, impulsados pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño e a Asociación Galega de Empresa de Xardinería, premiou ao CPI Terras de Maside por un traballo executado no centro escolar, convertendo un patio interior en xardín oriental. O deseño é obra da profesora Rosa Rodríguez.

 «Os premios recoñecen e difunden actuacións exemplares en traballos de xardinería pública e privada realizados por empresas e autónomos de Galicia, dignificando e promocionando o sector da xardinería na comunidade autónoma», indican desde a dirección do colexio, encabezada por Luis Veloso.