Unha furgoneta dá marcha atrás e mata a unha muller en Maside

La Voz OURENSE

MASIDE

Santi M. Amil

A veciña, de 83 anos, golpeouse a cabeza e faleceu, pouco antes das dúas da tarde, nun camiño veciñal

17 ene 2020 . Actualizado ás 21:11 h.

Unha muller faleceu pouco antes das dúas da tarde por mor dun atropelo na aldea da Touza (Maside). A axencia do 112 dá conta de que un particular avisou do suceso minutos antes das dúas e que, aínda que se avisou aos bombeiros do Carballiño, ao 061 e á Garda Civil, só se puido confirmar o falecemento. O atropelo ocorreu nun camiño veciñal, sen denominación, precisan fontes de Tráfico. Unha furgoneta que acudiu ao domicilio da muller, C.F.B., de 83 anos, a facer unha repartición dio marcha atrás sen ver á veciña, esta caeu e golpeouse a cabeza, morrendo no acto. O condutor deu negativo en probas de alcoholemia e drogas pero séguense investigando as causas do suceso.