1995: Os gaiteiros de Manzaneda van ao Festival de Lorient

La Voz OURENSE

MANZANEDA

Simón Balvís

A banda de gaitas do municipio triunfa na cita coa música celta na localidade francesa

09 ago 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

«A Banda de Gaitas de Manzaneda está a cultivar grandes coas súas actuacións dentro do Festival Intercéltico que se está desenvolvendo en Lorient, localidade da Bretaña francesa. O rexedor de Manzaneda, Gabino García Fernández, que está a acompañar á formación musical, destacou en Radio Voz que polo momento todo se está desenvolvendo con normalidade. O grupo do oriente ourensán permanecerá ata finais de semana participando neste encontro internacional», relataba La Voz na súa crónica de 1995. Este medio destaca «a euforia e a felicidade» na que se atopaban os integrantes da banda. «O primeiro encontro co público de Lorient foi cun desfile de presentación que resultou numerosísimo pola avenida máis céntrica da localidade. García Fernández calculou nunhas duascentas ou 250.000 as persoas que seguiron o acontecemento musical, desfilando máis de setenta bandas e 45 grupos folklóricos», continuaba a información de hai vinte e cinco anos.