A delegada da Xunta examina cos alcaldes os proxectos en trámite

La Voz OURENSE

MANZANEDA

xunta

Marisol Díaz reuniuse cos rexedores de Manzaneda e de Castro Caldelas

06 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A delegada da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, retomou as reunións cos alcaldes que viñan producindo desde os últimos comicios municipais. Cos rexedores de Manzaneda,Amable Fernández Basalo , e de Castro Caldelas, Sara Inés Vega , examinou os proxectos en trámite nos que intervén a Administración autonómica.

En Manzaneda, a Xunta achegou ao redor dun millón de euros nos últimos catro anos para distintos programas e subvencións como as que permitiron crear a Casa Neno. Para Castro Caldelas, as distintas consellerías achegaron 1,1 millóns de euros no mesmo período para proxectos como a reforma da Casa do Concello, do colexio, de infraestruturas turísticas ou viarias. Hoxe, Marisol Díaz recibirá á alcaldesa de Gomesende, Pura Rodríguez.