Un incendio forestal afecta a 23 hectáreas de monte baixo en Manzaneda

La Voz OURENSE

MANZANEDA

Santi M. Amil

Declarouse este venres na parroquia de Cernado

22 feb 2019 . Actualizado ás 20:33 h.

Un incendio forestal rexistrado na parroquia de Cernado, en Manzaneda, deuse xa por extinguido despois de afectar a case 23 hectáreas de monte baixo. O lume comezaba á unha da tarde deste venres e apagouse ás 15.44 horas. Para extinguilo, traballaron dous axentes, catro brigadas, unha motobomba e un helicóptero.